Seguidores solares
O desenvolvemento tecnolóxico de solucións innovadoras no campo dos seguidores solares, deu orixe aos nosos modelos de seguidores solares. A solución que a nosa enxeñería de I+D+i aportou ao sector da enerxía solar é un deseño extraordinariamente robusto e ao mesmo tempo sinxelo na súa estrutura, o que o fai capaz de albergar nunha soa máquina unha concentración de potencia ata agora inimaxinable, á vez que evita todos os problemas de fatigas, avarías e roturas que se orixinan nos seguidores solares que usan para os seus movementos o sistema piñón-coroa ou calquera outro dispositivo mecánico de orientación.
A posición conséguese mediante o xiro combinado de dous eixes, que se accionan mediante cilindros hidráulicos, o que lle outorga maior precisión no posicionamiento. O sistema de seguimiento realízase mediante un controlador do cal emanan os cálculos astronómicos da posición exacta do Sol, dependendo da súa ubicación xeográfica. Dous inclinómetros capacitivos a dous eixes determinan a posición do portapaneis cunha exactitude maior de 0,05º.
CARACTERÍSTICAS MECÁNICAS:
- Ráfagas de vento: 120 Km/h.
- Máxima velocidade do vento en posición de traballo: 100 Km/h.
- Peso da estructura: >14.000 Kg (SHS.345), >19.000 Kg (SHS.410)
SISTEMA HIDRÁULICO:
- Potencia 0,37 KW.
- Presión de traballo 130 bar.
- Presión máxima 200 bar.
- Tensión de control 24 VDC.
SISTEMA DE CONTROL:
- Controlador programado.
- Variador de frecuencia para control da bomba hidráulica.
- Protección contra sobretensións.
- S.A.I. para manobras de urxencia.