Vantaxes e garantías SHS

FIABILIDADE: Practicamente ausentes de mantemento. Ningunha articulación necesita engrase. Carecen de elementos mecánicos (reductores, coroas, piñóns, fusiños, cadeas…) susceptibles de fallo por fatiga mecánica. Os cálculos estructurais foron verificados e certificados polo Centro Tecnolóxico AIMEN.

Aimen

ROBUSTEZ: Estruturas con varias toneladas de peso: o modelo SHS.345 conta cunha estrutura con máis de 14.000 Kg. e o modelo SHS.410 con outra de máis de 19.000 Kg. Accionamento hidráulico. Soportan ventos en continuo de alta intensidade: SHS. 345 resiste ventos de máis de 100 Km/h e SHS.410 de máis de 80 Km/h en posición de traballo. Ambos soportan ráfagas superiores a 120 Km/h.

SIMPLICIDADE DE MONTAXE: O berce de articulación e o tubo central, veñen montados de fábrica. Preinstalación eléctrica e hidráulica da máquina. Instalación de paneis fotovoltaicos a nivel do chan.

CAPACIDADE: Son os seguidores con maior superficie útil para aloxar calquera tipo de paneis fotovoltaicos do mercado.


SEGURIDADE: Aparte de aloxar todos os elementos de control e produción no interior do fuste, son os seguidores que incorporan maior cantidade de sistemas de seguridade activa e pasiva: A seguridade pasiva está garantida pola extraordinaria robustez de toda a súa estrutura. En caso de fallo, están calculados para poder soportar rachas de vento moi fortes sen sufrir deterioros na súa estrutura.

A seguridade activa componse en primeiro lugar, dun sistema autónomo de enerxía que en caso de fallo total de subministro eléctrico, posiciona a máquina en “modo seguro”, ou sexa, totalmente horizontal. Conta tamén con dispositivos hidráulicos de corrección de posición en caso de posible sobrecarga nas parrillas e fallo eléctrico xeneralizado. Ademais, os catro cilindros hidráulicos que orientan os seguidores, están dotados de sensores de presión conectados ao controlador, que le continuamente as súas medicións e determina os esforzos aos que está sometida a estrutura, maniobrando o seguidor en consecuencia.

MANTEMENTO: Todas as articulacións e puntos de xiro están ausentes de mantemento. Vástagos dos cilindros hidráulicos en aceiro inoxidable AISI 304 cromado. Bulóns das articulacións en aceiro inoxidable AISI 304.

GARANTIAS: Garantía de cinco anos para o control e a hidráulica e garantía anticorrosión de quince anos, ampliable.

PRECIO: Aínda contando cunha estrutura máis robusta que calquera outro seguidor e coa tecnoloxía mais avanzada, que ademais incorpora a maior seguridade activa e pasiva, resulta unha relación €/Wp instalado moi competitivo en comparativa cos demais seguidores.

PROTECCIONES: A estrutura que orixina os movementos dos seguidores, e o elemento central de articulación, están protexidos por patente internacional.